1) Descripción
"ESTE NADAL MÁIS PRETO DE TI. COMERCIO DE LUGO SEGURO, NADAL SEGURO" é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Federación de Asociacións de Comercio da Confederación Provincial de Empresarios de Lugo, en diante Federación de Comercio de Lugo, coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, así como as asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia de Lugo. Esta campaña promocional iniciarase en data de 6 de decembro de 2020 e rematará o 6 de xaneiro de 2021 (ambas datas engadidas), e o seu ámbito é a provincia de Lugo, podendo participar todos os consumidores/clientes do pequeno comercio de proximidade da provincia de Lugo nas datas sinaladas, segundo a mecánica de funcionamento que se detalla nas presentes bases.
2) Obxectivo
O OBXECTIVO FUNDAMENTAL DA CAMPAÑA é concienciar aos consumidores lugueses de que nestos momentos de pandiemia e de crise económica profunda, é de vital importancia a compra e consumo nos comercios de proximidade.
Trátase de lembrarlle á sociedade en xeral o impacto económico negativo que tería na nosa provincia a perda de vendas, especialmente no nadal, xa que é o momento álxido da facturación do sector.
3) Dinámica e Funcionamento
Trátase dunha campaña “aberta”, na que poderán participar todos os consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra por calquera importe en pequenos comercios retallistas da provincia de Lugo, durante as datas de duración da campaña, isto é, do 6 de decembro do 2020 ao 6 de xaneiro do 2021, sempre e cando cumpran os requisitos e sigan as instruccións de rexistro das súas compras detalladas nestas bases. Non poderán participar nesta campaña/sorteo os traballadores da Federación de Comercio de Lugo nin os titulares ou traballadores dos comercios participantes, así como tampouco familiares ata segundo grao dos mesmos.
Así pois, os consumidores ou clientes que merquen no pequeno comercio retallista da provincia de Lugo nestas datas sinaladas para o sector (entre o 6 de decembro do 2020 e o 6 de xaneiro do 2021 engadidos), e desexen participar na campaña, deberán en todo caso conservar o ticket da compra realizada no pequeno comercio tradicional, ou fotografía do mesmo, a fin de dispoñer dun xustificante, SENDO AS MODALIDADES DE INSCRIPCIÓN E REXISTRO DA COMPRA REALIZADA AOS EFECTOS DE PARTICIPAR NO SORTEO, AS DÚAS SEGUINTES:
(I) O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo a través da plataforma/dirección web habilitada a tal efecto e denominada www.lugonadal.com, efectuando o correspondente rexistro da operación de compra realizada no comercio tradicional lucense nas datas indicadas, o que lle dará dereito a 1 participación no sorteo. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra realizada e o cliente ou consumidor. So poderán facer un rexistro por operación de compra, e cada operación de compra rexistrada, equivale a 1 participación. Cantas máis compras fagan no pequeno comercio, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.
(II) Outra modalidade de rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo será contando coa colaboración activa do comerciante retallista (modalidade de participación a realizar exclusivamente no establecemento comercial), a través da cal o comerciante poderá rexistrar directamente as operacións de compra dos seus clientes e a través da plataforma habilitada a tal efecto denominada www.lugonadal.com, debendo quedar así mesmo perfectamente rexistrada a operación de compra no comercio tradicional, así como plenamente identificado o consumidor/cliente. A vantaxe desta modalidade de participación é que o consumidor que sexa rexistrado para participar baixo esta modalidade, obterá 2 participacións para o sorteo por cada operación de compra no pequeno comercio rexistrada deste xeito. Esta opción de rexistro ten tamén especial relevancia para cumprir cos obxectivos da campaña, posto que permitirá aos establecementos contar con ferramentas de fidelización, rexistrar datos dos seus clientes e activar promocións e ofertas a estos consumidores que así o autoricen, que serán susceptibles de interactuar dixitalmente cos negocios a través de push up, SMS, e-mail ou calquera outra vía de comunicación que empregue novas tecnoloxías.
Sinalar que quedan excluídos de participar no sorteo todos os tickets de compras efectuadas en establecementos incluidos no Sistema Nacional de Pago baixo calquera dos seguintes Códigos de Actividade Interbancaria: Alcampo (1387, 1524, 2387, 2524, 5335), Carrefour (1386, 1389, 1423, 1525, 2386, 2525) El Corte Inglés (5959), Hipercor (5338), Eroski (1388, 1415, 1416, 1417, 1446, 1529, 2388, 2529). Do mesmo xeito, excluiranse os tickets de compras realizadas en gasoliñeiras: Alcampo Gasolineiras, Consum Gasolineiras, CEPSA, Agip, BP Oil, Retail Operating Company, Makro Gasolineiras, Leclerc Gasolineiras, Corp. Alim. Guissona Gasolineiras, Bon Preu Gasolineiras, Uvesco Gasolineiras, Eroski Gasolineiras, Repsol, Campsa, así como venda de combustible a domicilio.
4) Realización do sorteo
O SORTEO terá lugar ante notario en data de 14 de xaneiro de 2021, ás 12.00 horas, na Deputaciòn Provincial de Lugo (sita en Rúa San Marcos, 8, 27001, Lugo), de xeito telemático, mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre todos os participantes, ata rematar a totalidade de premios/tarxetas prepago dispoñibles para sortear nesta campaña.
A realización telemática do sorteo polo sistema referido, non será aberta ao público, sendo o resultado do mesmo comunicado aos agraciados polos medios que determine a organización, e que permitan deixar constancia da notificación realizada fehacientemente.
5) Premios
OS PREMIOS A SORTEAR NESTA CAMPAÑA consistirán en TARXETAS PREPAGO de ABANCA, debidamente personalizadas coa imaxe da campaña, e que os consumidores que resulten agraciados, deberán utilizar para realizar novas compras única e exclusivamente no pequeno comercio tradicional da provincia de Lugo, quedando expresamente excluidos os códigos de actividade interbancaria recollidos no apartado 3 das bases, así como as gasoliñeiras. Deste xeito cúmprese o fin último da campaña de fomento e promoción do uso das novas tecnoloxías no sector, e ao mesmo tempo incentivar o consumo e incrementar as compras no pequeno comercio retallista de Lugo e provincia.
O NÚMERO TOTAL DE TARXETAS PREPAGO QUE SE SORTEARÁN NESTA CAMPAÑA E OS IMPORTES RESPECTIVOS DAS MESMAS, SERÁN OS SEGUINTES:
(I) 20 TARXETAS PREPAGO POR VALOR DE 300 EUROS CADA UNHA DELAS
(II) 20 TARXETAS PREPAGO POR VALOR DE 200 EUROS CADA UNHA DELAS
O IMPORTE TOTAL DAS TARXETAS PREPAGO A SORTEAR POLO TANTO NESTA CAMPAÑA ASCENDE A 10.000 EUROS. O prazo de caducidade da totalidade das tarxetas prepago será ata o 30 de xuño do 2021.
Os premios enténdense como cantidades brutas, suxeitas ás retencións que establece a lei vixente no seu caso; polo tanto, dita retención aplicarase automáticamente nos supostos que proceda. O consumidor/cliente/usuario rexistrado na campaña, poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cunha destas tarxetas prepago, xa non poderá optar a ningunha máis, podendo obter polo tanto cada consumidor unha única tarxeta prepago do importe que corresponda.
Así mesmo, só poderá saír un premio por establecemento comercial participante. Isto é, que no caso de que nun mesmo establecemenro comercial xa resultara premiado un dos seus clientes cun ticket de compra feita no mesmo, e de novo resultase agraciado un novo cliente dese mesmo establecemento con outro ticket de compra realizada neste mesmo comercio; neste caso, pasarase ao suplente (e así sucesivamente), de tal forma que se distribúan os premios máis equitativamente, e déanse así máis oportunidades, para que tódolos cliente de tódolos establecementos participantes poidan ter a opción de obter un agasallo.
RESERVAS:
No mesmo acto de realización do SORTEO TELEMÁTICO, ademáis dos elexidos como agraciados en primeiro lugar, e seguindo o mesmo sistema, serán elexidos tamén aletatoriamente o seguinte número de reservas, para o caso de que algún dos premiados non cumpra as condicións ou requisitos desta campaña detallados nas presentes bases reguladoras:
- 5 RESERVAS PARA AS TARXETAS PREPAGO VALORADAS EN 300 EUROS.
- 5 RESERVAS PARA AS TARXETAS PREPAGO VALORADAS EN 200 EUROS.
A ENTREGA DAS TARXETAS PREPAGO AOS AGRACIADOS será realizada na modalidade que acorde a organización segundo a situación sanitaria derivada da evolución da COVID-19, ao longo do primeiro trimestre do ano 2021 e unha vez realizado o sorteo, sendo todos os agraciados fehacientemente notificados a tal fin, mediante comunicación persoal.
En calquera caso, comunicaráselles aos agraciados previamente e coa antelación suficiente no seu caso, a forma de entrega dos premios. No caso de que algún agraciado non se presente a recoller o premio correspondente, unha vez notificado fehacientemente e convocado a tal efecto, entenderase que renuncia ao mesmo a tódolos efectos, salvo que o agraciado xustifique a súa ausencia ante a organización por causa de forza maior allea á súa responsabilidade.
6) Taxas
A Federación de Comercio de Lugo realizará todos os trámites pertinentes para a comunicación previa desta campaña ao servizo de XOGOS, encargándose asimesmo da liquidación das pertinentes taxas perante Facenda Autonómica (12% do valor económico total do sorteado).
7) Bases
Estas bases serán depositadas ante NOTARIO, e asimesmo, estarán a disposición de tódolos consumidores interesados en participar e que desexen consultalas, na páxina web www.lugonadal.com
A mera participación nesta campaña supón a plena aceptación destas bases, así como a aceptación de tódolas condicións e requisitos recollidos nas mesmas a tódolos efectos.
8) Protección de datos
De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de Abril do 2016, así como na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos personais e restante normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados polo titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fcl@comerciogalicia.es. Este ficheiro estará depositado e almacénarase pola empresa: CDMON, con domicilio en Malgrat de Mar, 08380 de Barcelona, c/ Girona 81-83, Local 6, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable
Que a lexitimación para a obtención destes datos ven dada, pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con tódalas garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.
A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, que coñece e acepta o contido destas bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma.
O titular dos datos subministados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fcl@comerciogalicia.es, na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar. O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.
9) Dereito de modificación
A Federación de Comercio de Lugo resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como o de suspender a campaña/sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.